Publicados recentes...
na feira deste domingo toca troqueo! (20/Junho/2010)

Levai en mentes o qué precisades, e máis pensade que podedes ofertar pró troco; se podedes levar algunha cousa na man, ou se habedes voltar un intre á casa buscalo de atopardes ocasión.
Publicado por noelinha o 16-06-2010
Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferrol

O vindeiro domingo 21 de Febreiro (a periodicidade é bimensual) celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos naqueles soportes traidos polas propias persoas que se acheguen. Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas persoas interesadas o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Durante o transcurso e tamén ao remate do mercadiño cada participante deberá responsabilizarse e recoller os obxectos que non fosen trocados ou cedidos.
Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.
Publicado por trocaferrol o 17-02-2010
Mercadiño de Troco en Ferrol na Praza Vella, este Domingo 20 de Decembro


Este domingo día 20 de Decembro de 2009 hai Mercadiño de Troco en Ferrol, tal e como se vén celebrando cada dous Domingos, na Praza Vella no barrio de Ferrol Vello.
O Mercadiño de Troco pretende ser unha alternativa ao consumismo actual e sobre todo nestas datas de consumismo desbocado convidan a todas as persoas que desexen trocar algo a que acudan á Praza Vella.
O valor das cousas é o que interesa, non o seu prezo. Algún obxecto que xa non necesitamos pode que alguén si o preci-se. Trocar significa menos residuos, menos contaminación, menos capitalismo.
Trocar debería ser unha práctica habitual de tod@s nós, máis nunha sociedade onde o consumismo é un valor espallado amplamente, incrustado na mente das persoas, pola intensa publicidade e incitación a devorar, non a consumir.
A nova relixión é o Consumo e os templos modernos son os Centros Comerciais, cheos de produtos que na súa maioría non tardaran en formar parte do combustíbel que utiliza Sogama no seu proceso de incineración. Consumir responsabelmente é unha boa práctica social, promover o consumo responsábel é necesario.
Publicado por trocaferrol o 16-12-2009
ENCONTRO GALEGO – PORTUGUES E MERCADIÑO


ANÍMATE !!!
Para comer, apuntarse no local social de Esmelle
10.oo h Apertura do mercado de productos do campo e artesanía galega e portuguesa.
Mercado de troco e venda
12.00 h Actuación do Rancho Folklórico Portugués das Lavradeiras de Carreço
(Viana do Castelo)
14.00 h COMIDA
Empanada, paella, pan, viño, postre e café (nenos ata 8 anos non pagan)
Reserva de mesa baixo carpa. 10 EUROS POR PERSOA
18.00 h Actuacións folklóricas
Rancho das Lavradeiras de Carreço de Portugal
Grupo de Bailes Lembrazas do Condado de Ferrol
19.30 h Entrega de agasallos
AVV VALLE DE ESMELLE
Local Social s/n - Esmelle
15594 - Ferrol
981 36 53 90
www.valledeesmelle.com
www.blogoteca.com/pesmelle
Publicado por trocaferrol o 14-07-2009
Encontro a nivel galego de economías alternativas


As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, De Leite, Verdegaia e Centro Social do Calvario, organizan os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro a nivel galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión...
O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar alternativas económicas viables. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e das actividades que estades a desenvolver.
Todas as persoas que esteades interesadas en participar, ben de forma particular, ben como colectivos, apuntádevos e expoñede as vosas propostas (actividades que podades organizar, temas que vos gustaría que se tratasen, achegas que queredes facer, etc.), antes do 10 de xuño, na dirección http://vigotroca.arkipelagos.net/contact.
Con todas as propostas e suxestións recibidas estableceremos o programa definitivo das xornadas.
Publicado por trocaferrol o 20-06-2009
Artigo sobre a Rede de Troco de Ferrolterra no Correo Gallego

"Galicia vuelve al tiempo del trueque" é o título do artigo aparecido no Correo Gallego que podedes consultar na seguinte ligazón:
Galicia vuelve al tiempo del truequePublicado por manolo o 10-03-2009
xornadas galegas de economías alternativas: bancos de tempo, troco e cesión

As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 25 e 26 de abril, en Vigo, no primeiro encontro galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco e cesión.
O obxectivo destas xornadas é propiciar un primeiro contacto entre os grupos e organizacións nacionais que traballan para impulsar alternativas económicas viables. O encontro iniciarase a mañá do sábado 25 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e das actividades que estan a desenvolver.
As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 25 e 26 de abril, en Vigo, no primeiro encontro galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco e cesión.
O obxectivo destas xornadas é propiciar un primeiro contacto entre os grupos e organizacións nacionais que traballan para impulsar alternativas económicas viables. O encontro iniciarase a mañá do sábado 25 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e das actividades que estades a desenvolver.
Todas as persoas que esteades interesadas en participar, ben de forma particular, ben como colectivos, apuntádevos e expóndenos as vosas propostas (actividades que podades organizar, temas que vos gustaría que se tratasen, achegas que queredes facer, etc.), antes do 28 de marzo, na dirección http://vigotroca.arkipelagos.net/contact. Con todas as propostas e suxestións recibidas estableceremos o programa definitivo das xornadas.
Así mesmo, rogámosvos que aquelas persoas que necesitedes aloxamento na cidade esa fin de semana nos avisedes coa maior antelación posible.
Vigo, 28 de febreiro de 2009
Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario
Publicado por siguesbuscando o 28-02-2009
Video do primeiro mercado de troco

O pasado domingo 21 botou andar a Rede de Troco de Ferrol coa celebración na Praza Vella dun mercadiño. Ademais de trocar, as numerosas persoas que se achegaron pudieron participar en obradoiros de reciclaxe de papel, reutilización de bolsas plásticas a través do ganchillo e tamén de creación de chapas.
A dinámica do mercadiño é ben sinxela: houbo unha zona de troco e outra de cesión. Na mesa de troco cada persoa, responsabilizándose dos seus obxectos, negociou directamente co resto de pariticipantes sen mediación de vales e recollendo finalmente os obxectos non trocados. Na mesa de cesión espuxéronse aquelas cousas aportadas polos participantes para que outras persoas pudieran levar unha delas e darlles un novo uso.
Esta primeira actividade fai públicas as inquietudes dun grupo de persoas que, na comarca de Ferrol, integran diversos colectivos e asociación de veciños e, que dende os últimos meses están a aprender doutras iniciativas a nivel galego e definir as liñas de traballo da Rede de Troco. Xunto coa celebración do mercadiño, estase a traballar na posta en marcha dunha páxina de troco permanente que segue o bo exemplo de Vigo Troca.
Comeza, pois, a andaina da Rede de Troco de Ferrol…
Neste enlace podedes ver o video:
Mercadiño de troco en FerrolPublicado por siguesbuscando o 22-02-2009
1